CulturaCulturaÚltima hora

O obra infantil “Castelao”, este mércores no Auditorio de Quiroga

 

Culturactiva Produccións presenta este mércores a obra “Castelao”. Esta actividade está organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial e o CEIP de Quiroga.

O Auditorio Municipal acollerá esta proposta escénica para os máis pequenos a partir das doce e media do mediodía. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.

Trátase dunha obra divertida á par que reflexiva sobre a última tarde que Castelao pasa en Rianxo antes de coller o barco para ir á Arxentina. Cun texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena, a obra mostra a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da trama.

Artigos relacionados

Back to top button