CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosOurense CFÚltima horaVídeos

O Ourense CF vence pola mínima ao CD Barco en Calabagueiros e lévase o XI Memorial Miguel Fariñas

 

Pola mínima. Así se resolvía o amigable disputado na tarde deste mércores 26 de agosto en Calabagueiros para conmemorar o XI Memorial Miguel Fariñas, un dos presidentes máis queridos do Centro de Deportes Barco que é homenaxeado cada mes de agosto dende hai máis dunha década.

 

 

O partido estaba inicialmente previsto para o 8 de agosto contra o Verín CF pero a imposibilidade de asistir do equipo rival obrigaba a aprazalo e finalmente a directiva co CD Barco optaba por celebrarlo hoxe e contra un rival de categoría superior. Así, pasadas as 18:30 horas saían ao terreo de xogo o CD Barco (Terceira Federación) adestrado por Agustín Ruíz e o Ourense CF (Seguda Federación) de Jorge Cuesta.

 

 

Foi un encontro disputado de ti a ti no que, tras unha primeira parte sen goles, o solitario gol de Markitos xa no segundo tempo daba a vitoria aos visistantes, converténdose así o Ourense en campión do XI Memorial Miguel Fariñas. O Barco, gañador o ano pasado nun partido marcado pola traxedia que tamén serviu de homenaxe a todos os afectados en maior ou menor medida pola vaga de lumes, levaba este ano a copa de subcampión ante a atenta ollada do irmán do homenaxeado e a súa familia que seguían o xogo dende a bancada.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button