Nesta xornada de domingo 11 de agosto volvíase repetir a situación do pasado 3 de agosto, na que o parque comarcal de bombeiros pechaba ao non poder cubrir o servizo por falta de persoal, ao coincidir baixas e profesionais que están en período vacacional.
Si está operativo o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, pero contando cun único efectivo, tal e como alertan dende este grupo.