Un ano despois de completar os 101K do HOKA UTMB Mont-Blanc 2024, o deportista valdeorrés Breogán López Baptista participará noutra ultra-trail, desta volta no País Vasco.
A “ehunmilak” de Guipúscoa tiña que celebrarse hoxe, pero as tormentas obrigaban a aprazar un día a proba e será mañá, sabado 12 de xullo cando se celebre, contando co petinés entre os participantes na “g2haundiak goierri”, unha ruta duns 92 quilómetros e 1.500 m de desnivel positivo por zonas de asfalto, pistas e sobre todo camiños.
A saída será dende Beasain á 23 horas e pasara por localidades como Larraitz, Uarrain ou San Adrian.

Fotos cedidas.