DeportesEnduroÚltima hora

O piloto Diego Teixeira sobe ao alto do podio no XI Enduro Villa de Llanes-Campionato de Asturias

 

O piloto barquense Diego Teixeira volve a subir ao alto do podio. Nesta ocasión facíao no XI Enduro Villa de Llanes do Campionato de Asturias que se celebraba na fin de semana do 17 e 18 de outubro. Unha carreira con dúas cronos, endureiras de subida e baixada, curvas no lateral da montaña, “un enduro dos de toda a vida de moito barro”, di Diego contento e satisfeito coa carreira.

Él mesmo explica que o sábado, xornada de chuvia intensa, era o día de verificacións das motos que quedaban no parque pechado e tamén de ver as cronos a pé. “Na moto eran de seis minutos e a pé dunha hora a paso lixeiro co cal foron catro horas a pé e o domingo, día da carreira seis en moto e chégalle ben”, recoñece, destacando que tras chover a primeira hora despois parou e deixoulles facer a carreira cun bo tempo.

Así, Diego Teixeira (o único piloto do Barco na proba) corría en sénior B e empecei sendo terceiro, despois púxose segundo e na metade da carreira, “logo dunhas tres horas, conforme se ía secando o terreo empecei a ir máis rapido e xa me puxen de primeiro collendo vantaxe crono tras crono”, vencendo con claridade e subindo ao primeiro chanzo do podio.

Back to top button