Hai cinco meses que collía un kart por primeira vez e agora, con pouco máis de 7 anos, lidera o campionato de Castela e León de karting na categoría Rookie. O piloto barquense Leo Pérez Pereira comezaba adestrando en Cabañas Raras, na comarca do Bierzo, seguindo as orientacións de Roberto Lindoso, o seu adestrador (que ten competido no campionato de España e no mundial de karting), e onde tamén encandilou ao seu irmán, Eric, o propietario do circuíto.
Tras dúas carreiras, a primeira en Cabañas Raras en febreiro e a segunda no circuíto AGA Racing (en Villarcayo o 18 e 19 de maio), Leo (ALE Team) encabeza a clasificación do Campionato de Castela e León cun total de 74 puntos, avantaxando en 11 ao segundo clasificado, Adrián Dopico (As Pontes Motorsport).
Agora a competición terá un pequeno parón e retomarase a finais de verán (con citas en Benamariel e Castroponce), pero entre tanto este piloto ten previsto acudir algunhas probas no norte de España e en Portugal, tal e como adianta o seu pai, Julio Pérez.
Fotos cedidas.