Adestramento, xogos, charlas, visitas,… Con moitas actividades, máis alá do estrictamente deportivo, se desenvolvía no inicio do mes de setembro, a III edición do campus de fútbol sala do Pizarras Tres Cuñados que se clausuraba neste venres día 5 coa asistencia de 53 nenos e 9 monitores.
Entre o pavillón municipal de Calabagueiros e o CEIP Julio Gurriarán, o campus comezaba o luns 1 de setembro e o mércores día 3 recibían a visita da hixienista dental dos centros de saúde do Barco e da Rúa, Yolanda Fernández que lles daba unha charla sobre hixiene bucal.
O xoves día tocaba a tradicional visita á canteira onde comeron e recibiron agasallos por parte da empresa e xa na mañá deste venres, tiña lugara a clausura por parte do alcalde do Barco, Aurentino Alonso e Alfredo García coa entrega de medallas feitas en lousa e diplomas para todos os asistentes, rematando a mañá cun torneo.


Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver.
