Cada mes de setembro dende hai 8 anos, o Pizarras Tres Cuñados FS lembra a Jess Carrera cun partido amigable no pavillón municipal de Calabagueiros que este ano se celebraba en formato de triangular.
Nun principio estaba previsto un torneo a catro, pero finalmente un dos elixidos non podía participar así que na tarde deste sábado 6 de setembro, trala homenaxe a Jesús (os pequenos do club entregaban un ramo de flores á súa nai), disputábanse os amigables.

Os primeiros en xogar eran Pizarras Tres Cuñados e Trepalio de León, con vitoria para os locais 3-2 (dous goles de Bruno, irmán de Jess e un de Dani). De seguido xogaban Vianariño FS e Trepalio, co 3-2 para os de Viana. E finalmente o partido entre Pizarras Tres Cuñados e Vianariño que volvían gañar os valdeorreses, 4-0 (goles de Dani x2, Camilo e Bruno).
Con 2 vitorias, o campión do triangular era o Pizarras Tres Cuñados, seguido do Vianariño con 1.
Fotos: Mónica G. Bellver.