OurenseÚltima hora

O polígono empresarial de Ribadavia contará cun grupo de traballo para impulsar a execución da súa terceira fase

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde, César Manuel Fernández acordaron buscar unha solución á necesidade das empresas de dispoñer de máis solo

O polígono empresarial de Ribadavia contará cun grupo de traballo para desenvolver a súa terceira fase. Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e o alcalde César Manuel Fernández nunha reunión celebrada no día de hoxe, 5 de xullo. O obxectivo deste equipo de traballo é o de “analizar as posibilidades de urbanización desta área e a busca da solución máis axeitada para desbloquear esta terceira fase, prevista xa no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.”

 

Reunión entre o alcalde César Manuel Férnandez e a conselleira Ángeles Vázquez.

 

Así, o alcalde do concello ourensán transladoulle á conselleira que era necesaria esta terceira fase debido a que nas outras dúas, xa executadas, non hai ningunha parcela dispoñible neste momento. Esta área industrial foi promovida no seu día polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Artigos relacionados

Back to top button