PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense inicia o calendario congresual coa convocatoria de 5 cónclaves locais, o primeiro o do Barco

Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP na provincia e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027

 

O Comité Executivo de partido Popular de Ourense aprobaba esta tarde o inicio do calendario congresual na provincia coa convocatoria de cinco cónclaves locais correspondentes ás agrupacións de Toén, Cenlle, A Bola, Maside e O Barco de Valdeorras.

A formación popular comeza así unha fase de consolidación das agrupacións locais da provincia, subliña o presidente provincial, Luis Menor, quen destacou a importancia que teñen estes órganos de representación do partido no territorio, “contribuíndo á consolidación da nosa formación en toda a provincia”.

Esta presenza, engadiu o líder dos populares ourensáns, “é clave para o traballo político, pois unha organización estable e coordinada é fundamental para escoitar as necesidades da veciñanza e saber darlles resposta”.

O inicio deste período congresual prodúcese logo de consolidar a estrutura de organización do partido, coa constitución ao longo destes últimos meses das trece vicesecretarías, nove comités e quince áreas de traballo nas que se divide o partido.

Con estas cinco convocatorias danse novos pasos cara a “efectiva organización” do PP de Ourense e a constitución dos equipos que haberán de afrontar as eleccións municipais de maio de 2027. Nesta liña de traballo, o Comité Executivo aprobará en datas seguintes a convocatoria de máis congresos nas agrupacións locais da provincia.

As cinco primeiras convocatorias celebraranse o día 6 de marzo no Barco de Valdeorras; o 15 en Toén; o día 29 en Maside; o 4 de abril na Bola; e o día 5 en Cenlle.

 

Back to top button