Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

O PP de Quiroga presenta a súa lista ás municipais, encabezada por José Manuel Pol

 

O Partido Popular de Quiroga vén de presentar a súa candidatura ás eleccións municipais nun acto celebrado na tarde de onte na Casa da Cultura. O cabeza de lista e candidato á alcaldía, José Manuel Pol, presentaba a lista que o acompañará. Este equipo “multidisciplinar, combina a experiencia coa xuventude”, e inclúe un médico puericultor, profesora de matemáticas, unha licenciada en Música, técnicos deportivos, informáticos, administrativos, un químico, traballadoras de atención os maiores e tamén empresarios ou técnicos de servicios. “Son moi diferentes nas súas profesións pero todos eles “comprometidos e cheos de ilusión para traballar por Quiroga para que siga avanzando, seguindo co legado que deixa Julio Álvarez”.

Durante o acto de presentación interviñeron o candidato a alcaldía José Manuel Pol, Jose Manuel Balseiro Orol, coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, e Julio Garcia Comesaña conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

Dende o Partido Popular de Quiroga agradécese “tanto ás autoridades presentes como aos veciños que nos brindaron o seu apoio coa súa presenza neste acto”.

Fotos cedidas.

 

CANDIDATURA DO  PARTIDO POPULAR EN QUIROGA

1. JOSÉ MANUEL POL GONZÁLEZ
2. ANA LUCIA NOGUEIRA MARCOS
3. ADRIÁN GONZÁLEZ LOSADA
4. MARÍA DOLORES SÁNCHEZ DURÁN
5. JOSÉ ÁNGEL RODRÍGUEZ RAPOSO
6. ANDRÉS CAMPO GARCIA
7. JOSE MIGUEL GONZALEZ LEMOS
8. RAUL CARBALLEDO RODRIGUEZ
9. MARIA DEL CARMEN CASANOVA FERREIRO
10. PILAR DIEGUEZ GONZALEZ
11. ZANETA VORONICOVA VORONICOVA
Suplentes
1. EMILIO CASTRO PEREZ
2. VICENTE RODRIGUEZ VILA
3. MARIA JOSEFA ALVAREZ DELPONT

Artigos relacionados

Back to top button