PolíticaÚltima hora

O PP do Barco pedirá no pleno a ampliación do parque infantil da Proba e crear máis espazos deste tipo no rural

O grupo municipal do PP presentará unha moción sobre adecuación de parques infantís nas zonas rurais

 

O voceiro municipal do PP do Barco, cos concelleiros do seu grupo, durante un pleno./ Foto: O SIL.

 

Entre os puntos que se abordarán na sesión plenaria ordinaria de novembro no Barco, prevista para a tarde do día 7, figura unha moción presentada polo voceiro municipal do PP, Antonio Melo, sobre a adecuación de parques infantís no entorno rural. “Xogar en parques infantís ofrece múltiples beneficios de fronte ao desenvolvemento físico, emocional e social dos nenos. Os parques proporcionan un espazo seguro e controlado onde os pequenos poden moverse libremente, o cal fomenta o seu desenvolvemento físico. Ao correr, rubir ou deslizarse, fortalecen os seus músculos, melloran a coordinación motora e desenvolven habilidades como o equilibrio e a axilidade”, sinala o edil ao comezo da iniciativa, na que tamén se refire á normativa municipal sobre este tipo de espazos en Galicia en cuestións como seguridade, accesibilidade e mantemento.

“A adecuación dos devanditos parques sería un aliciente máis para dinamizar o rural, non só para un posible crecemento poboacional no mesmo, senón para un uso vacacional ou de fin de semana. A zona da Proba, que experimentou un gran crecemento poboacional coa urbanización Doña Mencía, conta cun número significativo de nenos. Esa zona tan só conta cunha randeeira e un tobogán, que son claramente insuficientes para a cantidade de usuarios do devandito parque”, sinala o concelleiro popular na moción, apuntando así mesmo que “en máis núcleos rurais, como Coedo, tamén presentan escaseza ou, o que é máis perigoso, elementos en mal estado que poden causar lesións aos pequenos usuarios dos mesmos.  A idea de fixar poboación no rural tamén se ve condicionada por uns bos servizos para os máis pequenos, e nada hai máis básico que un sitio onde xogar nunhas condicións de hixiene, seguridade e variedade”.

Neste senso, a moción do PP do Barco plantexa o seguinte acordo, que se someterá á votación da corporación: “a ampliación do parque infantil da Proba de acordo ás necesidades do lugar. A creación de parques infantís nas zonas rurais onde non contan con eles. A revisión en profundidade e mellora inmediata de todos os parques infantís sitos no rural e o centro urbano que presenten deterioración”.

 

Artigos relacionados

Back to top button