
Dende o Partido Popular de O Bolo vén de emitirse un novo comunicado relativo á recuperación da Ponte de Barxa. “Queremos pór en valor o labor da Deputación de Ourense no noso concello, agradecendo que colabore financiando a parte que quedaba sen cubrir na construción da nova ponte de Barxa. Fai un mes, dende este grupo municipal expoñíamos o noso descontento pola mala xestión do alcalde en canto a financiamento do proxecto, expoñendo un gasto de aproximadamente 132,000€ cando xa se tiña un acordo previo no que o concello non ía gastar un euro. Cabe recordar que o acordo fora rexeitado pola Confederación H. do Miño-Sil no que se asumía o custo entre a Deputación, a Xunta e a CHMS, deixando o Concello libre de cargas. Con esta proposición que se levará ao pleno da Deputación o próximo venres, corroboramos o noso compromiso na reconstrución da ponte, e o conseguinte disposición de cartos para obras e servizos por parte do noso Concello”, aseguran os populares do Bolo no texto.