PolíticaÚltima hora

O PP levará ao pleno do Barco unha moción para que se permita “a prórroga do destino do superávit do 2024 para as entidades locais no 2025”

O voceiro municipal do PP, Antonio Melo, intervindo nun pleno anterior./ Foto: O SIL.

 

O PP do Barco presentará no vindeiro pleno municipal, previsto para o 6 de febreiro unha moción sobre a situación de prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2023, “debido a que non se aprobaron novos Orzamentos para o ano 2024, nin tampouco se definiron os obxectivos de estabilidade e sustentabilidade financeira para este ano”.

Neste senso, na iniciativa, asinada polo voceiro municipal do PP, Antonio Melo, “as entidades locais, neste novo contexto, atópanse con que non se definiron os obxectivos de estabilidade e sustentabilidade financeira para este ano en curso, nin a situación na que quedan as regras fiscais para o ano 2025”.

O PP entende que neste escenario, “é necesario que os Concellos poidan destinar o superávit do ano 2024 nas mesmas condicións que o ano anterior, nos termos que establece a disposición adicional sexta, que regula unha serie de regras especiais para o destino do superávit orzamentario, que van desde a realización de investimentos, ao pago de provedores ou a amortización da débeda” e, nesa liña, solicitará á Corporación barquense tomar o seguinte acordo “instar ao Goberno de España a que aprobe unha Real Decreto Lei que permita prorrógaa do destino do superávit do ano 2024, para as entidades locais no ano 2025, nos termos que establece a Disposición Adicional sexta da Lei Orgánica 2/2012 da Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, que regula unha serie de regras especiais para o destino do superávit orzamentario e que van, desde a realización de investimentos ao pago de provedores ou amortización de débeda”.

Artigos relacionados

Back to top button