Hoxe os deputados ourensáns do Grupo Parlamentario Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron no Congreso unha batería de preguntas escritas dirixidas ao Goberno sobre o estado de execución das obras da circunvalación do Barco de Valdeorras.
Segundo os deputados populares “despois de 64 meses contados desde que comezou a contar o prazo de execución das obras (21-9-2019) o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible é incapaz de comprometer unha data para finalizar as obras do 5,6 km desta estrada”.
Tamén di que “as obras atópanse practicamente paradas e de persistir estas paralizacións e o penoso ritmo de execución todo apunta a que esta estrada non concluirá ata 2027, cando tería que finalizar en 2022”, afirma o deputado Celso Delgado.
En concreto os populares preguntan sobre o modificado das obras, sobre o túnel do Serro, sobre os viadutos do río Sil e do río Cigüeño e sobre a data de finalización das obras.