OurenseÚltima hora

O presidente da CHMS José Antonio Quiroga e o alcalde de Muíños, Pácido Álvarez, asinaron hoxe o convenio das obras do proxecto “Raia Termal”

Cun investimento que supera ós 150 mil euros, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil mellorará tres sendeiros fluviais en torno ó embalse de As Conchas

 

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Muíños Plácido Álvarez durante a sinatura do convenio.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e o alcalde de Muiños, Plácido Alvarez, rubricaron hoxe o convenio de colaboración que posibilita as obras que a CHMS vai realizar dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) “Raia Termal”. O obxectivo é determinar as condicións que rexirán a financiación, execución e réxime da posterior entrega para o mantemento e a conservación das obras do proxecto.

Cun investimento prevista que pode chegar a superar ós 150 mil euros, que será asumida na súa totalidade pola CHMS (o 75% a través de fondos POCTEP e o 25% restante con fondos propios do organismo), o proxecto contempla a construción dunha senda peatonal dende o Complexo Turístico Deportivo de O Corgo cara a Illa de Pazos, o acceso ás praias de O Corgo dende a zona de O Rañadoiro e a mellora do sendeiro que leva á central de Salas.

Na primeira das obras abrirase un sendeiro cun ancho de aproximadamente 2 m e lonxitude de 1 920 m, dende as inmediacións do CD de O Corgo cara a Illa de Pazos, na zona se servidume do marxe esquerdo do embalse de As Conchas.

A mellora de acceso á praia fluvial de O Rañadoiro, de lonxitude aproximada de 220 m, farase dende as inmediacións do mesmo pobo, facilitando así o acceso a pé e o paso de vehículos de emerxencia.

A última das execucións será para acondicionar o sendeiro á central de Salas, dende o vial de acceso á depuradora municipal. Este vial, cun ancho variable que ronda os 3 m e de lonxitude aproximada duns 300m, foi recentemente aperturado polo concello ata conectalo cun vial xa existente.

O obxectivo principal de “Raia Termal” inspírase nos principios xerais que rexen os proxectos de cooperación transfronteiriza: a protección e conservación de espazos rurais fluviales fronteirizos dos ríos Miño e Limia, a aposta polo medio ambiente e dos recursos termais que ofrece a zona, e unha mellora da calidade ambiental da auga. Polo tanto, o seu fin é o de contribuír á valorización do termalismo e dos recursos fluviais para favorecer o turismo de calidade, a saúde e o patrimonio natural tanto na provincia de Ourense como nas poboacións transfronteirizas do norte de Portugal.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button