ConcellosTrivesÚltima hora

O presidente de Pueblos Mágicos de España visita novamente Trives

 

O presidente de Pueblos Mágicos de España, Francisco Martín, comprobaba de primeira man as singularidades da Pobra de Trives, localidade que xa visitara hai un tempo. Esta é a primeira visita que realiza despois tras a entrada de Trives nesta asociación durante a última edición de Fitur, que coincidiu no tempo coa entrega da Q de calidade turística, “dous fitos que axudarán a súa promoción en todo o país”, segundo o Concello.

Despois dunha reunión de traballo na Casa Consistorial, Francisco Martín, acompañado pola alcaldesa, Patricia Domínguez, percorría algúns dos puntos de interese do municipio, como a igrexa de San Salvador de Sobrado de Trives. Alí foron acompañados pola veciña que se encarga da custodia das chaves do templo, unha xoia do románico.

A entidade de Pueblos Mágicos de España, formada por expertos en Desenvolvemento Rural e Local, historiadores, arquitectos, sociólogos, técnicos de turismo e desenvolvemento Web, “contribúe a revalorizar aquelas poboacións como A Pobra de Trives, que están en coñecemento colectivo, pero que non sempre contan coa divulgación que merecen. O executivo local impulsou a solicitude para lograr esta distinción como unha aposta decidida consolidar e impulsar esta localidade como destino rural, de natureza, deporte, gastronómico e monumental de alta calidade, nunha busca continua da excelencia turística”, segundo o grupo de goberno.

Artigos relacionados

Back to top button