OurenseÚltima hora

O produtor de cine José Sousa, premio Ourensanía 2016

A entrega do premio terá lugar no Teatro Principal o 11 de novembro, coincidindo co patrón de Ourense
Reunión do xurado que fallou o premio Ourensanía 2016.
Reunión do xurado que fallou o premio Ourensanía 2016.

O premio Ourensanía deste ano 2016 xa ten nome: o produtor de cine José Sousa será o recoñecido nesta ocasión. Así o fallou o xurado, reunido na mañá do 14 de outubro no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, para destacar a súa “longa carreira cinematográfica en Venezuela”. A entrega deste galardón que concede cada ano a Deputación de Ourense terá lugar nunha gala no Teatro Principal o vindeiro 11 de novembro, coincidindo co día de San Martiño, patrón da cidade.

José Sousa, produtor de cine en Venezuela, recibirá o galardón en Ourense o 11 de novembro.
José Sousa, produtor de cine en Venezuela, recibirá o galardón en Ourense o 11 de novembro.

Sousa naceu no lugar de Ver, en Ramirás e, tras anos de traballo, conseguiu colocarse entre as primeiras produtoras cinematográficas en Venezuela e facerse nome imprescindible dentro da industria do país latinoamericano. “Centos de producións audivosiuais, curtametraxes, documentais, spots publicitarios realizados ao longo das tres últimas décadas, se ben o seu prestixio como cineasta aséntase na implicación en preto de 40 longametraxes”, din dende o ente provincial. Asinou títulos como “El manzano azul”, “Reverón”, “El malquerido” ou “La casa del fin de los tiempos”. Ademais, representa a cara da emigración, tan recoñecida na provincia.

Artigos relacionados

Back to top button