EconomíaÚltima hora

O programa Adapta Local para impulsar o comercio chega a Valdeorras

 

APE Galicia e Xunta de Galicia lanzan o Programa Adapta Local coa colaboración de AEVA en Valdeorras para Impulsar o Comercio Local en Galicia. O programa ADAPTA LOCAL, foi deseñado para fomentar o consumo nos negocios locais de Galicia de maneira sostible e competitiva, así como para potenciar a comercialización do produto galego.

Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer formación especializada tanto presencial como telemática aos comercios locais e rurais de Galicia. A formación centrarase en iniciativas innovadoras que favorezan a comercialización do produto galego, abarcando unha ampla gama de temas relevantes para o sector.

Entre os contidos das formacións inclúense:
• Transformación dixital: Venda en liña e xestión de redes sociais.
• Atención ao cliente e tendencias de comercio.
• Finanzas e xestión de inventarios.
• Economía circular e compromiso social.

Este proxecto levarase a cabo en varias comarcas galegas, incluíndo Valdeorras con sesións programadas para o 18 de setembro e o 15 de outubro. As empresas interesadas en participar no programa poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://apegalicia.es/adapta-local.

 

Back to top button