ConcellosO BarcoÚltima hora

O proxecto da obra de reconstrución do Casino do Barco presentarase mañá no Concello

O presidente do Casino do Barco, Pablo Dobao, xunto a outra integrante da xunta directiva desta entidade.

 

Mañá cumpriranse tres meses do incendio que na madrugada do 11 de setembro destruía a cuberta e a terceira parte do emblemático edificio do Casino do Barco. O traballo e esforzo da súa xunta directiva dende entón, permitirá que, precisamente coincidindo con esta data, está previsto que mañá se presente no Concello do Barco o proxecto para reconstruír esa parte do edificio.

“Parece que pasou moito tempo, realmente aínda non foron tres meses e hai que ter en conta que foi un sinistro moi grave e as cousas levan o seu tempo e o seu curso. Non é mesmo facer unha peritaxe dun sinistro deste tipo que o da aleta dun vehículo. Os peritos viñeron xa varias veces, seguen vindo, e agora xa pensamos que está perfectamente pechada a peritación. Ao mesmo tempo, nós xa comezamos co proxecto da obra necesaria para reconstruír esa parte do Casino”, dicía neste mediodía o seu presidente, Pablo Dobao.

 

 

Así mesmo, adiantaba que será mañá cando se entregue no Concello do Barco o proxecto da obra “para que nos dean os correspondentes permisos de cara a iniciar os traballos. Se todo vai ben, en canto nolos dean, xa comezaremos as obras. Dependemos de formalidades técnicas e permiso. Máis rápido non podemos ir”, proseguía Pablo Dobao.

Hai que lembrar o Casino abría xa a súa cafetería aos socios o 22 de outubro, case un mes despois do incendio.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button