
O Concello de Pobra de Trives celebrará mañá, xoves, 27 de marzo unha sesión ordinaria do Pleno Municipal, convocada para as 13:00 horas no salón de sesións da casa consistorial. Entre os principais asuntos a tratar destacan as renuncias de dous concelleiros e a aprobación dun importante proxecto de mellora para as instalacións deportivas do municipio.
Un dos puntos máis salientables da xornada será a aprobación do expediente de contratación para a execución do proxecto “Mellora e Rehabilitación do Campo Municipal O Agro”. Esta iniciativa supón un importante avance nas infraestruturas deportivas do concello, cunha intervención destinada a mellorar e modernizar as instalación do campo de fútbol.
Ademais, durante a sesión darase conta de dúas baixas na Coorporación local. En concreto, o Pleno tomará coñecemento da renuncia de Roberto González Castro, concelleiro e portavoz do Partido Popular, ademáis de candidato popular nas pasadas eleccións municipais, á que se suma a de Aarón Álvarez Corrales, concelleiro do PSdeG-PSOE.
A renuncia de ambos concelleiros será trasladada á Xunta Electoral, para que os seguintes nas listas de PP e PSdeG podan tomar posesión o antes posible.