A maiores do veredicto do xurado do concurso de Maios e coplas do Concello do Barco, o público en xeral podía votar polo seu Maio preferido nesta celebración a través do chamado voto aberto do Centro Comercial Aberto (CCA), que tamén entregará un premio nesta festa.
Multitude de persoas, nenos e maiores, escribían o número do seu maio favorito e depositaban o seu voto na urna situada no posto do Barco CCA no mercadiño.
Fotos: A.R.