ConcellosQuirogaÚltima hora

O recoñecido enólogo Paul Hobbs pon en valor os viños da Ribeira Sacra en Quiroga

 

O enólogo Paul Hobbs, socio da bodega Alvaredos-Hobbs de Quiroga, falaba onte domingo sobre a aposta desta adega polos viños da Ribeira Sacra. A actividade estaba organizada pola asociación Quiroga en Marcha coa colaboración das adegas Casa do Estanco e Alvaredos-Hobbs e do Concello de Quiroga.

No acto participaban Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o presidente da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, que afirmaba a importancia de Quiroga dentro da DO posto que é o municipio con maior extensión de viñedo de toda a Ribeira Sacra.

 

 

A adega Alvaredos-Hobbs, elabora viños con uvas autóctonas da rexión procedentes de viñedos localizados nas ladeira e terrazas dos montes de Alvaredos. Pola súa banda Paul Hobbs está considerado como un visionario internacional polos seus logros nas viñas e na adega, recoñecido en todo o mundo por romper coa tradición e forxar novos camiños na busca da excelencia; tanto en la administración da terra como na elaboración de viños que representan o concepto purista do lugar.

Paul Hobbs contoulle ao numeroso público participante como foi a súa chegada a Quiroga e o motivo pero tamén como se producen viños das variedades propias da zona, cunha meticulosa viticultura e un enfoque minimalista para a vinificación.

Fotos: Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button