
O domingo 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha data moi especial para todos os galegos, e para festexalo como se merece, un total de trece locais de hostalería da provincia de Ourense únense
nunha iniciativa gastronómica, ofrecendo un tradicional “Caldo de gloria” aos seus clientes.
Os locais incluídos na iniciativa son:
Restaurantes de Ourense
Hotel Novo Cándido
Restaurante A Taberna
Restaurante A Feira
La Zapatería del Abuelo
Demamáluis
Depapáluis
Despensa do Fuentefría
Fuentefría
O Enxebre
Taberna Pulpería Atarazana
Mercado Ponte Cando
Restaurante de Lobios
Restaurante Lusitano
Restaurante de Pobra de Trives
A Viuda

O “Caldo de Gloria” é un prato humilde, que se fixo famoso grazas ao gran poeta galega Rosalía de Castro, que reflectía no seu poema “Miña casiña, meu lareira” do libro “Follas novas”. Neste poema conta como unha muller chega a Padrón, desde Santiago de Compostela, cansa e famenta, e a pesar da súa pobreza logra preparar un caldo sinxelo, pero que lle sabe “a gloria”: con grelos, repolo, patacas, fabas e un pouco de unto.
Este domingo 23 de febreiro, no servizo de comidas, os clientes destes locais poderán degustar este sinxelo pero saboroso Caldo de Gloria. Haberá un cartel na porta dos establecementos, para anunciar esta iniciativa, que se realiza en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, de Padrón.