ConcellosÚltima hora

O SAF de San Cibrao incrementa en 70 horas a atención a dependentes

O alcalde reúnese co conselleiro de Política Social para fixar a estratexia social dos próximos anos
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández Moreiras.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de San Cibrao das Viñas rexistra un incremento dunhas 70 horas a persoas maiores e dependentes de todo o municipio. Así o salientou esta mañá o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, tras a reunión que mantivo co rexedor da vila ourensá, Manuel Pedro Fernández Moreiras, nas depenencias da Xunta en Santiago de Compostela.

Deste xeito, o SAF do concello acada un total de 912 horas de servizos que benefician a preto dunha trintena de veciños. En concreto, son 26 as persoas que reciben este tipo de axuda a domicilio. Segundo os datos que manexa a institución, isto supón unha ratio de atención do 99,67%.

O encontró de traballo celebrado na Consellería de Política Social serviu para afondar e planificar a estratexia social dos próximos anos, na que se desvelou que este departamento continuará colaborando co Concello de San Cibrao das Viñas. Nesta liña, os dous líderes apuntaron cara posibles novas vías de colaboración nos eidos dos maiores, xuventude, familia ou infancia.

Artigos relacionados

Back to top button