OurenseÚltima hora

Bentraces (Barbadás) contará cun novo sistema de saneamento

O proxecto foi anunciado hoxe, 28 de xullo, pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil

Fragmento da publicación no BOE. / Foto: cedida.

 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil publicou hoxe, 28 de xullo, o proxecto de mellora do saneamento do núcleo de Bentraces, no concello ourensán de Barbadás. A parroquia carece actualmente dunha rede integral de saneamento o que deriva en vertidos ao regato do Barreiro. Con esta actuación, búscase eliminar o impacto medioambiental.

As obras consistirán na definición dunha nova rede de saneamento, cun colector principal e 19 pozos de rexistro. Proxéctase tamén a construción de catro eixos secundarios conectados ao colector para dar servizo a aquelas vivendas que carezan de saneamento. Dende a súa publicación hoxe no Boletín Oficial do Estado, ábrese un prazo de vinte días hábiles para a formulación de alegacións ou observacións.

Artigos relacionados

Back to top button