
O Santuario das Ermidas (O Bolo) volvíase encher de visitantes na pasada fin de semana. O grupo máis numeroso era un chegado dende Vigo a través da axencia de viaxes Galegria. Todas estas persoas eran elas atendidas polo guía-custodio do santuario, José Vega.
Soamente este fin de semana achegábanse ata as Ermidas preto de 100 persoas, que gañaron o xubileo. No que vai dende o 25 de decembro, data na que se abriu a porta santa en Roma, pasaron por este santuario máis de 500 persoas para gañar o xubileo.