ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

O secuestro de Roi Jacob

1º Premio na categoría infantil do Concurso Literario do Mercado Medieval de Veigamuíños 2017 para Sandra Mallo Sastre

Mañá serán as festas de cidade e Roi Jacob vai dar un concerto en Ourense. Pero nós ainda non temos a entrada. Xa se esgotaron, mais Timi ten una de sobra, e se facemos algo por el daránola:

-Pero solo ten unha!
-Terá que escoller a un de nós.

Pero Sami estaba disposto a gañala el, aínda que sabía que Lidia tamén a quería.
Así que Sami foi a casa de Timi pola noite mentres todos durmían. Sami roubou a entrada.
Ao día seguinte Sami mentiulle a súa irmá Lidia. Díxolle que Timi lle dera a entrada. E Sami foi solo ao concerto pero Roi non estaba e preguntoulle a representante do artista, Sara.

Sara explicoulle que a Sami o secuestraran a Roi. Entón Sami decidiu investigar o caso de Roi. Enseguida viu unha pista, un coello verde, era moi raro e decidiu seguilo sen que o vira, e así foi, pero de pronto o coello transformouse nun home moi feo pero moi áxil, parecía un mago por transformarse en coello pero de súpeto a Sami escapóuselle un peido e o mago decatouse e descubriuno, advertiulle a Sami que non llo contara a policía. Sami non o fixo pero quedou satisfeito por averigualo.

Ao día seguinte volveu pero o mago xa non estaba alí pero viu unha gaiola cun paxaro dentro; el pensou que podería ser Roi, pero tamén podería ser o mago.

Sami preguntoulle o seu nome e respondeulle Roi Jacob, entón soubo que era o cantante. E decidiu liberalo, pero non pensou en que podía ser o mago, pero así era. Era o mago finxindo ser Roi, transformado en paxaro. Atrapou a Sami na gaiola e fuxiu deixando sen vixilancia, e Sami pensou onde podía estar o verdadeiro cantante.

Pasaron dous días e o mago dáballe de comer todos os días, ao final Sami dubidaba do mago e aos dous segundos preguntoulle porque lle daba de comer se era malvado e o mago respondeulle:

-Porque estamos rodando unha película!!
-Como???????
-Si, Roi e o protagonista, e titulase Roi Jacob e o mago de Froilandia.

A Sami pareceulle impresionante non o podía crer, todo iso era un rodaxe?.- Pensou Sami.
Pero de pronto apareceu Roi, e Sami preguntoulle se ia dar o concerto ou tamén era parte da peli?
Respondeulle que non. O concerto si o ia a dar, so que unha semana despois de acabar de rodar a peli. Tamén lle dixo a Sami que podía subirse ao escenario a cantar con el a canción de “Sen lexendarias” e Sami respondeulle que si.

Despois dunha semana, súper encantado marchou para casa e contoulle todo a súa familia e tamén que robou a entrada de Timi. Entón, foi a casa de Timi e pediulle perdón e devolveulle a entrada, pero para a súa sorpresa Timi deulle a entrada a Sami e foron os dous ao concerto, foron miles e miles de persoas ao concerto, sobre todo cando Sami subiu ao escenario a cantar entraron un cento máis de persoas.

Finalmente Roi acabou sendo máis rico do que era, era millonario e agora é supermillonario, descubriu a forma de facelo. Pero ninguén sabía o seu maior segredo: que era un alien chegado do espazo sideral.
Pero Sami si, porque o estaba espiando cando o dixo en voz alta na súa casa moi luxosa con cen pisos, cada un especializado nunha cousa: o primeiro especializado en roupa, o segundo en armas, o quinto en comida etc.
Despois en casa de Sami pasou un coello dourado e Sami empezou a perseguilo por toda a casa pero non o colleu porque era máxico porque se teletransportaba e Sami acordouse de que podía ser o mago, e así era, quería contarlle unha cousa moi importante que Roi era un alieníxena pero a cara de asombro non foi de Sami se non do mago cando lle contou que o estivo espiando na súa casa.

Sami e máis o mago foron a casa de Roi para comprobar se era verdade o que dicían, e efectivamente el era un alieníxena porque o viron sen o seu disfraz de humano, era verde cos ollo azuis, cunha lingua vermella coma un tomate e tiña 1.000 brazos. Entón nese mesmo momento chamaron a policía e capturárono grazas a eles.

FIN

Artigos relacionados

Back to top button