
A organización do SilFest 2025, que se desenvolverá do 3 ao 5 de xullo do 2025, á beira do Sil, no Barco, vén de desvelar o seu cartel. A banca que o encabeza é Heredeiros da Crus, que “levan escribindo a historia do rock en galego dende hai máis de 30 anos. Os mesmos que levan en activo e durante os cales segue sendo o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo cultural”, destacan dende o festival.
“Con dez álbums no seu haber, Heredeiros son a sucesión de olas que envorcan o barco e o vólvenno a endereizar. Son o retorno constante á ingenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que transcenden toda evolución e toda moda. Despois de dous anos en dique seco, chegan a Valdeorras 10 anos despois da súa última visita naquel memorable sold out na Sala Baranda do Barco.
Veñen con ganas, cargados de enerxía e retomando un directo que prometen espectacular”, engade a organización do festival.
Pero, proseguen, “a cousa non queda aí”. De feito, o “cartelón desta novena edición deste evento contará tamén con Biznaga, unha das bandas de punk rock máis relevantes da escena española actual, “cunha mezcla de punk clásico e sonidos mais modernos chegan ao SilFest para retarnos a ter os pés lonxe do chan en todo momento”.
Ademais, estará Mujeres, formación que “construíu unha identidade propia que os sitúa á vangarda do garage rock nacional. Con cada novo lanzamento, a banda demostra unha evolución musical que os consolida como unha das bandas máis interesantes da súa xeración”, indican dende o festival.

Repion son Marisa e Teresa, irmás cántabras que meteron nunha batedora a enerxía do grunge coa melodía do pop, creando un son único e fresco. As súas cancións evocan os 90 e 2000 pero cun toque actual e moi persoal.
A banda navarra Kokoshca combina elementos do rock urbano, o pop e outros xéneros, creando un son propio e cheo de enerxía. As súas letras, falan da mocidade, a nostalxia e a procura da felicidade. O seu último disco, ‘La Juventud’ demostra unha vez máis a súa capacidade para crear cancións memorables e relevantes.
Ademais, esta será a segunda vez de Celia Becks, no SilFest, a primeira foi con La La Love you.
“Tras unha década como peza fundamental da banda, Celia emprendeu unha exitosa carreira en solitario. O seu álbum debut, ‘Ve a Terapia’, é unha mostra da súa madurez como artista e compositora, onde fusiona xéneros con mestría e sorprende con letras acedas e cheas de humor”.
Un ano máis o SilFest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Turismo, o Concello do Barco de Valdeorras, o apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo#VibraMahou, e o C.R.D.O. Valdeorras.
As entrdas do festival estará á venda a partir de mañá xoves 19 de decembro ás 12h. na web do festival
