DeportesÚltima hora

O talento dos atletas do Club Adas Cupa brilla nos campionatos galegos e de España

 

Con destacadas marcas e subíndose a podios e galegos e nacionais afrontan a pista cuberta os atletas valdeorreses do Adas Cupa nas categorías Sub16, Sub 18 e Sub20, entre outros. É o caso do velocista Aarón Pérez, dos marchadores Mateo Valcarce e Paula Cela, así como de Pablo García nos 60 valos, de Xiana Pungín ou de Tania Peláez nos 300, con medallas galegas, mínimas para os nacionais e mesmo títulos de campión de España como o conseguido recentemente por Mateo Valcarce.

Resultados froito do talento destes atletas, así como do traballo, a constancia e esforzo deles, do labor do Adas (con Agustín González á cabeza) e do apoio das súas familias. Todo un luxo para Valdeorras. Parabéns e moita sorte nas vindeiras competicións.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button