CulturaÚltima hora

O teatro para os máis pequenos chega a Ourense coa Mostra de Teatro Infantil

Dentro da programación hai previstos 18 espectáculos ademais de obradoiros, concertos e pasarrúas
Cartel oficial da MOTI
Cartel oficial da MOTI

A “Invasión MOTI” e os seus alieníxenas invadirán mañá, de mans da compañía Trécola Teatro, as rúas de Ourense para promover a Mostra de Teatro Infantil de Ourense. A partires das 19:00 horas, estes seres do espacio exterior estarán por toda a capital convidando aos máis cativos a gozar desta mostra que se levará a cabo do 16 ao 30 de decembro.

Un total de 16 compañías teatrais e 18 representacións conforman o programa da MOTI deste ano. Os espectáculos levaranse a cabo nos escenarios do Auditorio Municipal, o Teatro Principal e o Campus ourensán. Co obxectivo de contentar ao público infantil e ás súas familias, a décimo terceira edición da MOTI ofertará, ademais desa gran cantidade de espectáculos, dous días de xogos cos cativos, obradoiros, pasarrúas e un concerto de Magín Blanco.

Entre a oferta de pezas, hai títulos como “Moby Dick”, “Pavillón Lino” ou “O meu avó e mago”, aínda que tamén haberá clásicos da literatura infantil como “La Sirenita” o “Geppetto”. Está previsto que todos os espectáculos comecen a partir das 17:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button