Con podio estrea a nova tempada o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. O domingo 1 de febreiro participaba no Campionato galego de K-2 sénior sobre 3.000 m, que se desenvolvía no encoro de Castrelo de Miño, e lograba a terceira posición da cita. Adrián compartía barco con Luis Blanco, Joaquín Iglesias e Izan Aliaga.

Nesta categoría, a vitoria correspondíalle á embarcación do Club Náutico Firrete, formada por Antonio Rey, Martín López, Borja López e Óscar Allegue (cun rexistro de 11:32,93), mentres que en segunda posición entraba o barco do Club Naval de Pontevedra, con Alexandre Castro, José Villanueva, Felipe Dobarro e Hugo Pérez.

Ademais en K-4 sénior competía o irmán de Adrián, Raúl Prada, cuxo barco, tamén do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, entraba no posto 13 da regata.
Fotos: loispradaf.