En portadaÚltima horaVídeos

O valdeorrés Félix Macías imponse na categoría carrozados da IV Subida a Valdeorras

Jacobo Senín foi o vencedor absoluto da proba disputada esta fin de semana no Barco

 

A IV Subida a Valdeorras forma xa parte da historia do automobilismo a comarca, tralo seu regreso a escena dentro da Copa de España de Montaña, tal e como se demostrou durante as dúas xornadas de competición da fin de semana no trazado que une as localidades de Viloira e Santigoso no Barco de Valdeorras.

 

O podido da categoría de carrozados con Félix Macías no alto.

 

Dúas intensas xornadas nas que o piloto da Escudería Buxa Motor Poio Jacobo Senín impuxo a súa barqueta Nova NP01 ante o Silver Car S3 de Abraham Vázquez que se distanciou en 43’316 do vencedor. O terceiro posto do podio ocupouno Miguel Ángel Rodríguez con Fórmula Outeda.

No apartado de carrozados a vitoria foi para Félix Macías (natural da Veiga) co Skoda Fabia Rally2, por diante do Mitsubishi Lancer de Francisco Javier Ferrero sendo terceiro o asturiano Francisco Javier Sanz cun Ford Escort RS 1800.

 

Jacobo Senín, no centro, vencedor da IV Subida a Valdeorras.

 

Na categoría de KartCross a vitoria foi para Alfonso Ventin cun YacarCross, mesmo modelo que utilizaba o segundo e terceiro clasificado, Jesús López e Alberto Vázquez respectivamente.

Destacad foi a participación de María Ubalde que levaba dous premios: o primeiro da categoría de damas e o segundo da Agrupación III cun Peugeot 206 RC.

Coa entrega de premios que tiña lugar pasadas as tres e media da tarde deste domingo 9 de outubro na praza de Viloira, a xente da escudería organizadora poñia punto final a unha exitosa edición. Mañá poranse xa a traballar na quinta edición, que regresará a escena a próxima tempada.

 

 

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellver e cedido.

Máis información e fotos da xornada no seguinte enlace: https://osil.info/as-imaxes-da-segunda-e-ultima-xornada-da-iv-subida-a-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button