ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

As imaxes da segunda e última xornada da IV Subida a Valdeorras

 

Moi intensa resultaba a segunda e última xornada da IV Subida a Valdeorras que se celebraba na mañá deste domingo 9 de outubro, seguida de novo por numerosos afeccionados que buscaban a mellor ubicación para ver pasar aos vehículos participantes (turismos e barquetas). Algúns, como os veciños de Santa Mariña facíano dende as súas propias viñas, ubicadas no percorrido (a estrada entre Viloira e Santigoso), aproveitando a ocasión para comer os últimos acios de uvas que penduraban das cepas.

 

Veciños de Santa Mariña comendo os últimos acios de uva mentres seguían a carreira.

 

 

Un membro da RFEA supervisando a proba nun dos postos de control.

 

Entre o público tamén pudo verse a grupos de afeccionados acostumados a asistir aos rallys de España e Portugal que animaban aos coches en cada pasada.

 

Afeccionados facendo a onda.
Afeccionados seguindo a Subida a Valdeorras.

 

Seguindo o programa, en torno ás oito e media da mañá os participantes saían do parque pechado rumbo a Viloira para comezar, unha hora máis tarde coas dúas pasadas de adestramento (libre e oficial) e as dúas carreiras. A proba remataba en torno ás dúas e cuarto aínda que a entrega de premios retrasábase ata as tres e media.

 

 

A xornada incluía unha saída de vía pasadas as once da mañá que non revestía gravidade pero si obrigaba a parar momentaneamente a carreira; así como a supervisión por parte dun comisario da Federación Española de Automobilismo.

Igual que na primeira xornada, ao longo do percorrido estaban os membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de diferentes partes da provincia que colaboraron coa proba.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos da xornada no seguinte enlace: https://osil.info/o-valdeorres-felix-macias-imponse-na-categoria-carrozados-da-iv-subida-a-valdeorras/

 

Artigos relacionados

Back to top button