
Podio valdeorrés no Gran Premio de Montaña A Rúa (III Proba Copa Xunta de Galicia) celebrado na mañá deste domingo 31 de maio. Javier Doce Prada do equipo Águilas Verdes de Rubiá, segue sumando medallas ao seu palmarés e tras o segundo posto no Quiroga Trail volvía hoxe á competición gañando o trail curto na Rúa.
O mini trail tiña un percorrido de 17 km e +1140m. que Javier completaba nun tempo de 02:00:47; o segundo era Wilker Germán (02:01:02); e o terceiro Felipe Rodríguez Araújo (02:07:28).
Das mulleres, o primeiro posto era para Conchi Conde (02:16:31); o segundo para Paula Vega Moldes (02:26:20); e o terceiro para Jennifer Barroso Delgado (02:38:39).
Fotos cedidas.