Será a súa estrea nunha proba europea, tras máis de dous anos en competición. O piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira prepara a súa participación na primeira das catro citas do calendario do IAME Euroseries 2022, prevista do 10 ao 13 de marzo no circuíto de Zuera (Zaragoza).
Esta entre os catro españois que teñen previsto tomar a saída na categoría x30 Mini e o seu obxectivo será loitar polo podio.
Esta proba internacional suporá tamén a súa estrea deportiva neste 2022, no que o piloto valdeorrés, que compite con DG Motorsport e chasis de Alonso Kart, tamén ten previsto correr o nacional na súa categoría. O seu obxectivo será pelexar polo título, no que será a súa segunda tempada competindo a nivel español en Mini.