Marín (Pontevedra) acollía nesta fin de semana o Campionato de España de Marcha en ruta absoluto e o Campionato de España por federacións autonómicas. Neste último tomaba parte o marchador valdeorrés Mateo Valcarce (Adas Cupa) que competía na categoría Sub-16 coa selección galega masculina. O valdeorrés convertíase en campión de España a nivel individual nos 5 km Sub16, cunha marca de 22.36.
Ademais, a selección galega Sub16, da que formaba parte Valcarce (xunto a Tomás Bautista, Antón Díaz, Pablo Pérez e Darío González), quedaba segunda na clasificación xeral, polo tanto, facíase coa prata no nacional. O ouro correspondíalle á selección andaluza.
Neste mesmo nacional competía a tamén valdeorresa Paula Cela, dentro da selección galega Sub16, que se situaba no posto 31 da clasificación, facendo ademais marca mínima persoal.
Fotos: Cedidas e FGA.