CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Miguel Garrido, entre os finalistas ao Premio Nadal 2025

Miguel Garrido, cun dos seus primeiros libros./ Foto: Arquivo O SIL.

 

Entre os cinco finalistas que optan ao Premio Nadal 2025, un dos certames de novela en lingua española máis aprezados a nivel estatal, figura un valdeorrés. Trátase do barquense Miguel Garrido de Vega, que se presentaba coa obra Subdural.

A gala deste ano, edición na concorrían ao premio 769 obras, terá lugar no hotel Palace de Barcelona a noite do 6 de xaneiro, e conmemorará o centenario do nacemento de Ana María Matute, galardoada co Premio Nadal 1959. A pasada edición do Premio Nadal galardoou a César Pérez Gellida pola súa novela Bajo terra seca.

Non é a primeira vez que unha persoa vinculada a Valdeorras é finalista ao Nadal. En 1950 a escritora Elena Quiroga, de familia valdeorresa e vinculada á Casa Grande de Viloira (O Barco), era finalista neste recoñecemento e, ademais, facíase co premio por “Viento del Norte”.

Back to top button