DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao, agasallado no San Silvestrín de Dehesas pola súa fidelidade á proba

 

Correndo comeza, un ano máis, o veterano atleta valdeorrés Paco Bao (Adas Cupa) este novo ano. Na xornada do 5 de xaneiro “tocaba mollarse en Dehesas (León)”, conta, localidade onde realizaba a súa carreira número 746: o San Silvestrín.

 

 

A cita incluía unha andaina (5 km), unha carreira (5 km), así como probas infantís de varias distancias. Ademais, Paco Bao era agasallado cun detalle navideño pola súa fidelidade nesta competición leonesa. O atleta continúa sumando así probas e pensa xa nas seguintes, “imos camiño das 750”, comenta.

Fotos cedidas.

Back to top button