Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao, entre os participantes na II Andaina Nocturna Solidaria de Quiroga

 

Coa segunda Andaina Nocturna Solidaria ‘Noite de Estrelas’, un evento deportivo e solidario organizado dende a área de deportes do concello quirogués, abríase na noite do 6 de agosto o programa das Festas de Verán de Quiroga.

Entre as numerosas persoas que participaban nesta cita solidaria, a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, estaba o veterano atleta valdeorrés Paco Bao, que con ela suma xa 842 probas, “cada meta é un recordo”, asegura.

 

 

A andaina contaba con dous percorridos: un curto ou familiar de 4 km e outro máis longo, de 8 km.
Ao seu remate había música co Grupo América.

Fotos cedidas.

Back to top button