DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao, primeiro en M75 na Minibay Nigrán-Baiona

 

A provincia de Pontevedra era o destino deportivo desta fin de semana do atleta barquense Paco Bao, do Club Adas Cupa. Neste domingo “tocaba madrugar” conta para participar na Minibay, unha proba de 10,5 km entre Nigrán e Baiona. Con ela suma a súa carreira 755.

 

 

Fai un balance positivo desta proba na que se facía co primeiro posto na súa categoría, a M75. E, ademais, deste xeito “complétase as 8 edicións desta mítica carreira”, comenta Bao.

Fotos cedidas.

 

Back to top button