O verán vén de estrearse tamén nos xardíns municipais de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Co cambio de estación mudaba a súa decoración, dando paso a coidadas escenas de deportes ao aire libre (como o baloncestou ou o voleibol), xogos infantís ou mesmo a momentos de lectura desfrutando do entorno e en medio dunha natureza viva, con aves como a cegoña ou animais como o caracol. Paga a pena achegarse ata Sobradelo para desfrutalos.
Fotos cedidas.