DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

O Verín CF celebra o II Memorial Patolas o sábado 15 de agosto no Estadio José Arjiz

 

O Verín Club de Fútbol celebrará o sábado 15 de agosto, a partir das 18:30 horas, no Estadio José Arjiz de Verín, a segunda edición do Memorial Patolas, cun triangular no que participarán o Verín C.F., a U.D. Ourense e o Antela F.C.

Con esta cita o club quere continuar dando forma a un Memorial que naceu cun obxectivo moi claro: lembrar a Patolas e manter viva a súa memoria dentro da familia do Verín CF.

O fútbol será o punto de encontro dunha tarde na que tres equipos ourensáns compartirán o céspede do José Arjiz. Un triangular atractivo en plena pretemporada que permitirá aos afeccionados volver gozar do fútbol antes do inicio das competicións oficiais.

“Pero o II Memorial Patolas é, ante todo, unha homenaxe. Unha oportunidade para reunir novamente a familia do Verín CF arredor dunha persoa que deixou a súa pegada no club e cuxo recordo continúa presente”, din deste este club que ademais convida “a socios, afeccionados, familiares, amigos e a toda a veciñanza de Verín e da comarca a achegarse ao José Arjiz e acompañarnos nesta cita”.

Back to top button