AletismoDeportesÚltima hora

O veterano Carlos L. Gudiña (Andarines Arcos) completa o XXV Vig-Bay, o seu cuarto medio maratón neste ano

 

Getafe, A Coruña, León e Vig-Bay. Na xornada do domingo 12 de abril o veterano Carlos López Gudiña (Andarines Arcos), completaba en Vigo o seu cuarto medio maratón.

 

Carlos López Gudiña entrando en meta.

 

O vilamartinés era un dos máis de 6.000 inscritos de 48 países, no XXV aniversario do Medio Maratón Gran Bahía que se desenvolve entre os concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.

 

Medalla por finalizar a proba.

 

Lucindo coma sempre a bandeira de Andarines Arcos e do Concello de Villamartín de Valdeorras, López Gudiña remataba no posto 3.148 nun tempo de 1’52″16 pensando xa na seguinte cita, en Lugo o 17 de maio.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button