DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

O veterano Paco Bao fai o saque de honra do partido entre o Tres Cuñados FS e o Cesures FS

O equipo valdeorrés vencía 6-4 no pavillón municipal de Calabagueiros

 

O título de liga do equipo xuvenil, a carreira 800 do atleta veterano Paco Bao, incondicional do equipo de fútbol sala do Barco; e a vitoria fronte ao Cesures FS. Son os tres logros que o Pizarras Tres Cuñados FS celebraba na tarde deste sábado 21 de febreiro no pavillón municipal de Calabagueiros.

 

 

Antes do partido da xornada 21 en Preferente Futgal do primeiro equipo, os xogadores facíanlle o pasillo aos xuvenís que veñen de gañar a liga recibindo un agasallo por parte do club. De seguido, facíanlle tamén un recoñecemento ao socio, que non perde un partido, “polo seu compromiso co noso club e polo seu exemplo como deportista”, que facía o saque de honra.

 

 

Con respecto ao partido, comezaban anotando os locais e remataba co 6-4 final.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button