DeportesÚltima hora

O VI BTT Cidade de Ourense dá o pistoletazo de saída o 4 de xuño

A cita conta con tres percorridos de diferentes dificultades.

O Pazo do Paco Paz de Ourense será o lugar de saída e chegada do VI BTT Cidade de Ourense, organizado polo Clube Ciclista Dúas Rodas, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, Deputación, Deporte Galego da Xunta e A Federación Galega de Ciclismo.

Esta marcha cicloturista en bicicleta de montaña non é competitiva. Nesta ocasión haberá 3 rutas de diferente distancia e dificultade. Unha de 35 quilómetros, outra de 60 e unha terceira de 80 quilómetros. Dende as 08:00 horas deste domingo, 4 de xuño, sairán os ciclistas da ruta extrema (80 quilómetros) e cara ás nove o resto. Esta marcha de bicicleta percorrerá os concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Esgos, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.

O prezo de inscrición é de 10 euros os federados e 12 euros os non federados. O prezo inclúe abastecemento sólido e líquido, servizo de ambulancia, duchas, lavado de bicicletas e detalle da proba. Ao rematar as etapas, a organización ofertará un pequeno ágape aos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button