DeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para a “Quiroga Bike Marathon 2025”

A proba ciclistas celebrarase o 6 de setembro e contará con dous percorridos

 

Os amantes do ciclismo de montaña xa poden marcar no seu calendario o próximo 6 de setembro de 2025, data na que se celebrará a primeira edición da Quiroga Bike Marathon. A proba que abriu inscricións este xoves contará con dúas distancias: Bike Marathon de 45 km e 1400 metros de desnivel positivo e Bike Extreme de 67 km e 2400 metros de desnivel positivo.

 

 

Percorrerá parte do concello de Quiroga, poderase realizar de forma individual ou en parella e non será federada. Todos os rexistrados recibirán un agasallo exclusivo do evento, paella ao finalizar a proba, cronometraxe con chip e seguro deportivo.

 

 

As inscripcións están xa abertas, a prezo reducido ata o 31 de marzo, na web da proba.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button