ConcellosRubiáÚltima hora

O VIII Viñotapeo de Quereño (Rubiá) celebrarase o 11 de maio

Imaxe da pasada edición do Viñotapeo de Quereño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As rúas de Quereño (Rubiá) acollerán o vindeiro 11 de maio o VIII Viñotapeo, un percorrido gastronómico e festivo que cada ano atrae a máis participantes. A ruta comezará ás 20h. e contará con dez adegas de diferentes barrios nas que se ofrecerá ao público viño e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos. Ademais o ambiente estará animado pola música dunha charanga.

A entrada para poder participar neste percorrido festivo será de 10 euros e con ela entregarase unha taza e un pano. O punto de venda situarase, como en anteriores edicións, á entrada de Quereño esa tarde.

Finalizado o traxecto, pasadas as once da noite, servirase café e bica para os participantes na zona da pista. Ademais haberá unha fin de festa con discomóbil. Esta singular celebración será organizada, un ano máis, pola Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración da veciñanza desta localidade valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button