Unhas 250 persoas reuníanse arredor da mesa no mediodía deste 23 de marzo no pavillón vello do Barco no xantar anual de Manos Unidas nesta localidade. Trátase dun encontro benéfico cuxa recaudación irá destinada a desenvolver proxectos solidarios. O menú incluía entrantes, tortillas, paella e diversos doces (entre eles bica), así como café.
Dende Manos Unidas do Barco manifestan o seu agradecemento aos asistentes e tamén aos diferentes establecementos de alimentación, entre eles Gadis, e doutro tipo por colaborar con produtos para a realización deste xantar e tamén con diferentes artigos para o posterior sorteo entre os asistentes.
Fotos: Carlos G. Hervella.