EconomíaEconomíaÚltima hora

O Xeoparque Mundial Montañas do Courel preséntase en Fitur como un referente de turismo sostible

Cedida.

 

A proposta Xeoparque Montañas do Courel: La fuerza de la Tierra presentábase esta mañá en Fitur, nun acto organizada polo órgano xestor deste espazo no expositor da Rede Española de Xeoparques Mundiais.

O acto contaba coa presenza, entre outras autoridades, dos alcaldes dos tres municipios nos que se sitúa este xeoparque, os de Quiroga, José Luis Rivera; Ribas de Sil, Roberto Castro; e Folgoso do Courel, Lola Castro; así como coa do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Na súa intervención Arias destacaba as posibilidades da zona “como referente dun modelo turístico sostible que sorprende aos visitantes en calquera época do ano”. Afirmaba que “a riqueza xeolóxica e o altísimo valor natural que alberga” serven como elemento diferenciador da súa oferta turística, polo que se trata dun escenario idóneo para potenciar o turismo de natureza.

O delegado tamén resaltou que o Xeoparque Montañas do Courel “é un exemplo vivo da aposta pola educación ambiental”, promovendo actividades didácticas “para que as novas xeracións coñezan esta contorna e tomen conciencia da necesidade de protexela e conservala”.

Así mesmo, afirmou que a Xunta seguirá mantendo unha estreita colaboración co órgano xestor do Xeoparque para impulsar proxectos que contribúan a poñer en valor este enclave.

Artigos relacionados

Back to top button